Etimoloxía
Voz que nos leva á latina collectorem ‘o que recolle’.
Exemplos *
“Non hai cultura en xeral de reciclar e aproveitar, e nas aldeas, peor. Iso de separar, de ir alá abaixo aos colectores botar o lixo separado...” (Xosé Iglesias: Sermos Galiza, 15-2-2018)
“Os colectores, acugulados de porcallada, rebordan por fóra e unha chea de bolsas de plástico, desgarradas polas unllas, deixan asomar desperdicios de todo tipo.” (Álex Alonso: Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, 2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


