colega

Persoa que con relación a outra exerce a súa mesma actividade ou profesión

Etimoloxía

Chega desde o latín collega, -ae 'compañeiro no mesmo oficio, membro dunha corporación’.

Exemplos *

“(...) Marta, non berres tanto, estás falando comigo, non cos teus colegas de traballo, non me podes enganar.” (Xaime Domínguez Toxo: Contos da Baiuca / A casa dos alicerces mariños, 2006)

“(...) o presentador do telexornal está agora comentando co seu colega de deportes que, co aumento da luz solar, todos estamos propensos a sentirnos tan felices como Ronaldinho.” (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria, 2007)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.