colexial, -a

Alumno ou alumna dun colexio

Etimoloxía

Palabra que deriva do termo “colexio” que procede de collegium ‘colexio de maxistrados’, que se basea, á súa vez, sobre collega ‘socio’.

Exemplos *

“Estes bolis son a tecnoloxía punta, o futuro. Nandiño está orgulloso. Nandiño ten todo o que os colexiais precisamos.” (Manuel Seixas: Viñeron do espacio interior / O home con reloxo, 1996)

“A atmosfera estaba pesada -de ruídos, de aire estancado, de gases dos automóbiles. Pequenos colexiais, derradeiros renovos dunha península vociferante, saían das escolas falando xa a berros.” (Camilo Gonsar: Desfeita (Semirreportaxe), 1983)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.