colexio

Edificio e instalacións onde se imparte ensino infantil, primario ou secundario

Etimoloxía

Vocábulo que procede do latino collegium ‘asociación’, ‘confraria’ que garda relación con colligere ‘reunirse’.

Exemplos *

“Aquela tarde sentín que o corredor escuro e longuísimo se me fixera pequeno. No portal do colexio agardaba a miña nai. Abraceina fortemente.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Sor Julita e os porcos, 2014)

“Saían do colexio ás doce e media e antes de comer podían gozar dun lecer extra na rúa a condición de saber as leccións da tarde.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.