Dor moi forte na rexión lumbar ou abdominal que se produce de maneira descontinua e que, ás veces, pode aparecer acompañada de vómitos, palidez, diarrea etc.
Etimoloxía
Termo que bebe do latino colĭcus 'que sofre do colon', este remite ao grego kōlikós, voz derivada de kólon 'colon'.
Exemplos *
“Ti non es coma eles, verdade? –Se fose coma eles agora non estaría aquí –comentei levando a man á barriga logo de sentir un novo cólico que me fixo volver ás latrinas.” (Alberto Canal: O amor nos escuros días de Birkenau, 2016)
“Eu supuxen que comezaría a berrar coma un tolo e que a súa nai lle acudiría. Pero resulta que aquela noite a nai tivera un cólico e déranlle uns calmantes que a deixaran durmida coma unha bendita.” (Xosé Cermeño: Os nervios da cabeza, 1994)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


