coliflor

Planta da familia das crucíferas que é unha variedade de col e se caracteriza por formaren as súas flores unha masa branca e compacta

Etimoloxía

Termo produto da xuntar “col” que vén do latín caulis ‘talo das plantas’ e “flor” que derivada do latín flos, floris co mesmo significado.

Exemplos *

“Entraron varios monxes con diversas viandas que repartiron pola mesa; verduras refogadas, sopa de piñóns, perdices garapiñadas e un añiño enteiro asado ao espeto (...); un dos monxes ía despezando o cordeiro a gusto dos comensais, mentres o compañeiro o servía nos pratos acompañado de corazóns de coliflor grelada.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

“Acórdame a primeira volta á aldea polo Nadal, a ilusión do bacallau con coliflor, a empanada de raxo e maiormente o turrón. Van alá 25 anos. Sentado xa no meu asento, miraba eu pasa-las nubes por riba das ameas do Hotel Compostela.” (Xesús Ferro Ruibal: A miña oportunidade, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.