Conxunto dos produtos do campo, ou dun produto en particular, que se recollen ao chegar a época, normalmente unha vez ao ano // Labor que consiste en recoller eses produtos
Etimoloxía
Voz que procede da latina colecta que é o plural neutro do participio de verbo colligere ‘xuntar’.
Exemplos *
“Iris, Helena e Elsa non paraban de carrexar auga e de tentar poñer devasas, pese a que a colleita de trigo xa se estragara. Evitaban que ardera o resto da terra, parte dela plantada con produtos da horta.” (Antía Nara: Cara ao leste, 2016)
“Deixaron a colleita de patacas na terra por non baixarse a apañalas. Agora a ver como pasan o inverno.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.