Traballo remunerado con que gaña un a vida.
Etimoloxía
Procede do latín collocatio, -onis 'instalación, disposición', formado sobre locus, -i 'lugar'.
Exemplos *
"… o Goberno central e o Parlamento deberían "dar garantías" de que as propostas que está realizando a patronal acerca dun "contrato descausalizado" ou da posta en marcha de axencias privadas de colocación "non van saír adiante"." (Galicia Hoxe 27-04-2009)
"Erras no que dis. Non malgastei os bens dos meus benqueridos pais: empregueinos nunha colocación segura." (Galicia Hoxe 06-02-2005)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.