colonia

Conxunto de nenos que pasan parte das súas vacacións en campamentos ou residencias ao cargo de monitores, realizando actividades ao aire libre.

Etimoloxía

Ampliación do significado da palabra que nos chega desde o latín colonia, –ae 'terreo dunha granxa'.

Exemplos *

"Naquel ano de 1904 foron organizadas as primeiras Colonias escolares, á que acudían grupos dunha vintena de nenos por vez" (Xerardo González Martín: Vigo. No espello dos nosos avós)

"Dixéronnos que meu sobriño estaba nunha colonia de vacacións e eu intentei poñerme en relación con el a través do consulado inglés e francés" (Cristina Samuelle: Conversas con Manuel Meilán)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.