columna

Sección fixa dun comentarista nun xornal.

Etimoloxía

Procede do nome que tiña en latín este elemento arquitectónico, columna, -ae.

Exemplos *

"Coma se, para nós, Sudamérica fose unha lúa, Perú estaba na parte oculta, agochado tras das súas crises económicas, os terremotos ou as masacres atávicas que, de cando en vez, liamos nunha columna perdida do xornal." (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos homes. Galegos no mundo)

"… explicoulle que a cidade estaba empapelada con publicidade do evento da AANI, que os xornais locais dedicaban unha columna no máis austero dos casos a falar verbo do home-cremalleira …" (Alejandro Tobar: Cremalleiras)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.