comadre

Madriña dunha persoa con relación ao padriño ou aos pais desta / Nai dunha persoa con relación ao padriño ou á madriña desta / Muller con quen se ten máis trato ou confianza e se establece unha relación de amizade, apoio mutuo ou compañía

Etimoloxía

Termo que procede do latín tardío commāter, -tris 'madriña'.

Exemplos *

“Nosa Señora do Faro / ha de ser miña madriña; / dichosa de miña nai, / que linda comadre tiña.” (Domingo Blanco: A poesía popular en Galicia 1745-1885, recopilación, estudio e edición crítica. vol 1, 1992)

“Quérenme mal as miñas comadres / porque lles digo eu as verdades.” (José Pérez Ballesteros: Cancionero Popular Gallego) [Reprod. facsimilar da 1ª edición], 1979)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.