comburente

Substancia que provoca ou activa a combustión doutra, ao combinarse con ela.

Etimoloxía

Chegou do participio do verbo latino comburere ‘queimar’.

Exemplos *

“A combustión é unha reacción de oxidación entre un corpo combustible e un corpo comburente …” (Eduardo Soto Álvarez e José Benito Suárez Costa: Competencia de mariñeiro)

“… consagreime a avivar o lume do seu corazón con olladas comburentes.” (Wenceslao Fernández Flórez: A miña muller)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.