Comida lixeira / Reunión festiva de persoas para comer e beber
Etimoloxía
Termo que crea sobre o verbo “comer” que remite ao latín comedere de significado semellante.
Exemplos *
“O mozo foi traballando nunha cousa e noutra polas noites para pagar os estudios, e así converteuse en avogado e veraneante en Galicia, e toda a rabia que tiña acumulada contra o seu tío foise esvaendo entre apelacións, recursos e comedelas no mes de agosto.” (Xesús Franco González: Matalote, 2000)
“Chegamos tan baldados que nos deixaron meternos no coche a descansar mentres a nosa nai preparaba unha comedela e o noso pai desmontaba o campamento coa axuda de Sara-Li.” (Julio Santos García: A pedra verde [trad. Antía Veres Gesto], 2020)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


