comediante, -a

Persoa que representa comedias e outras pezas de teatro

Etimoloxía

Partiría do termo "comedia" procedente do  latín comoedia ‘composición cómica’ máis o sufixo -ante.

Exemplos *

“Home que engaiolaba primeiro como comediante e subsidiariamente como dramaturgo.” (Celso Parada: Tempos Novos, 11-1997/37)

“O mellor comediante é aquel que consegue facernos crer que o que vemos (...)” (José Carlos Bermejo Barrera: Os señores da mentira. Política e cultura en Galicia / I. Mentiras adecuadas: vinte anos despois da fin da historia, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.