comercio

Operación que consiste na compra, venda ou cambio de mercancías ou valores, cun fin lucrativo

Etimoloxía

Palabra que chega directamente do latín commercium ‘comercio’, ‘tráfico’ ou ‘mercado’.

Exemplos *

“Estamos tratando de convencer o goberno da S. M. El-Rei Carlos para que permita a apertura dos portos da Coruña e Vigo, deste noso reino de Galicia, ó comercio directo coas Indias.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Se ben é certo que tamén se traballaba a terra, (...) o comercio resultaba moi proveitoso mercé ás reatas de arrieiros que traían o gran de Castela a través de Ourense e Ribadavia, ou o viño do ribeiro daquela comarca, produtos que posteriormente se vendían aos barcos ingleses, holandeses ou franceses que fondeaban no noso porto.” (Pemón Bouzas: A voz do vento, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.