cometa

Corpo celeste que orbita arredor do Sol constituído por un núcleo de xeo e rochas e unha cola formada por gas e po

Etimoloxía

Palabra que nos chega desde o latín comēta, e remite á grega komḗtēs, que se deriva sobre estoutra kómē 'cabeleira'.

Exemplos *

“A lúa nova, esa que non se ve e que sen embargo existe, como pensaba Mefisto, a que dirixe os destinos dos demais astros, invisible, axexando, vixilante e coidadora das estrelas delicadas e doentes, dos cometas aparecidos e desaparecidos, das fugaces luces de todas as constelacións.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

“O Sistema Solar está formado polo Sol, os planetas e os seus satélites que lles acompañan, asteroides, cometas, meteoroides, pó e gas interplanetario.” (Gonzalo Vilas: A Nosa Terra, 15-1-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.