comezar

Algo ter o seu comezo.

Etimoloxía

Termo que procede do latín vulgar *cominitiare de significado semellante que vén do clásico initiare 'iniciar' ou 'instruír'.

Exemplos *

"O verán acaba de comezar, mamá." (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas)

"Tamén eu escribín unha tese de doutoramento e unha manchea de artigos antes de comezar a traballar no banco." (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.