cómic

Historia de carácter cómico ou doutro tipo debuxada en viñetas

Etimoloxía

Préstamo do inglés comic, de significado semellante.

Exemplos *

“Brais repasou aquelas tiras de debuxos, asombrándose do vellos que parecían ao lado dos últimos cómics que mercara, xa en tres dimensións.” (Elena Gallego Abad: Dragal III. A fraternidade do dragón, 2012)

“O cómic polo que agardabamos de cativos cada semana para saber da continuación do número anterior, aquel que remataba cun continuará entre paréntese.” (Fidel Vidal: Arte na esquizofrenia e outro excesos, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.