Conxunto de actos electorais.
Etimoloxía
Procede do latín comitium ‘lugar onde o pobo se reunía, asemblea’, formado a partir de comes, itis ‘o que camiña con outro’, que se orixinou da combinación de cum mais o supino de ire ‘camiñar’.
Exemplos *
"…que melloren as comunicacións entre vilas e aldeas, de que os votos dos vindeiros comicios sexan exclusivamente representativos das peticións das sociedades agrarias…" (Antonio Rodríguez Baixeiras: O rei dos ameneiros)
"…a ausencia dun nacionalismo conservador, a non ser que teñamos por tal esa semente que xa foi máis prometedora e que sempre resultou ambigua, que nos últimos comicios autonómicos tivo bastante éxito e non escasa verbalización dun galeguismo que non resulta na práctica tan evidente." (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


