Persoa á que se lle asigna por delegación certa función, cargo ou a organización de certos eventos
Etimoloxía
Vocábulo que se toma do latín medieval commissarius de significado semellante que remite ao verbo clásico committere ‘cometer’.
Exemplos *
“Xunto con Monse Cea e Eduardo Valiña, é o comisario da mostra O debuxo por diante, que leva ás salas do CGAC, da Fundación Eugenio Granell, o Auditorio de Galicia e á Igrexa da Universidade banda deseñada, deseño gráfico e ilustración.” (M.B.: A Nosa Terra, 15-3-2007)
“Neste proxecto participan ademais da comisaria da exposición, Comba Campoy, o autor da primeira biografía de Xosé Silvent, Xaime Iglesias os membros da compañía Viravolta Títeres, que recuperaron a famosa barraca ou a produtora Tintimán audiovisual, que asina o documental sobre Barriga Verde.” (Andrea Ferreiro: Sermos Galiza, 2-10-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.