Relación de amizade e solidariedade entre compañeiros.
Etimoloxía
Deriva de compaña, que chegou desde o latín vulgar *compania 'grupo de persoas que comparten o pan', composto de cum 'con' e panis 'pan'.
Exemplos *
"Polo apego que lle tiñamos, polo compañeirismo sen condicións con que nos honraba, a súa decisión caeu coma unha bomba." (Uxía Casal: Vidas exemplares)
"… o resultado é a aparición de lazos de axuda e compañeirismo insospeitadas para o urbano." (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


