Persoa que realiza algún tipo de actividade xunto con outra, pertence a unha mesma asociación etc.
Etimoloxía
Aínda que vén do latín vulgar *compania, este procede da frase latina cum ‘con, en común’ e panis ‘pan’ referido a ‘aqueles que comparten o mesmo pan ou comida’.
Exemplos *
“Daniela xa non era só unha estraña compañeira de xogos, agora era a miña amiga, unha das poucas persoas nas que confiaba.” (Mario Regueira: L'affiche rouge, 2007)
“(...) erguérame cedo porque quedara cunha compañeira do xornal, unha rapaza de Noia que estaba en prácticas coma min, en produción e na sección de publicidade.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte, 2008)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.