compango

Calquera alimento sólido que acompaña o pan / Calquera prato que se serve na mesa ademais do caldo

Etimoloxía

Vocábulo que bebe do latín vulgar *companĭcus, que é unha composición de com- 'com-' e panis 'pan'.

Exemplos *

“Gertrud comportábase coa certeza e o acougo que a cultura labrega lle fora outorgando desde vedrañas xeracións. Pousaba as cuncas sobre a táboa da artesa, cortaba o pan e ofrecíanos o compango da manteiga. Logo sentaba a carón da fiestra.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

“Mentres un dos mozos da servidume se encarga de levar as monturas á corte, outro bríndanos un pouco de boroa e algo de compango e acompáñanos a un cuarto amplo para que poidamos durmir.” (Manuel Portas: Lourenço, xograr, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.