Conxunto de persoas, disfrazadas ou non, que van xuntas para divertirse e divertiren aos demais, especialmente polo Entroido.
Etimoloxía
Tomouse do italiano comparsa 'aparición', procedente de comparire 'aparecer'.
Exemplos *
"Cabe a posibilidade de que fose unha canción feita para algún Entroido, pois para ese tempo preparábanse cancións "de encargo" por parte das diferentes comparsas." (Xosé Luís Blanco Campaña: Camariñas terra de palilleiras)
"O municipio coruñes de Mazaricos recuperou recentemente a tradición do Panos, comparsa semellante á dos "xenerais" do Ulla." (O Correo Galego 24-02-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.