Instrumento composto de dous brazos articulados por un extremo, que serve para trazar curvas regulares ou para medir.
Etimoloxía
Púidose tomar dunha forma francesa ou derivar do verbo compasar, formado a partir de paso, do latín passus, -us.
Exemplos *
“A terra poeirenta foise enchendo de liñas que se cruzaban ou converxían formando polígonos multiformes: triángulos diminutos, rectángulos imperfectos, rombos abertos e ata algún hexágono que semellaba trazado a compás.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK)
“Eu só entendo de xeometría. Sen un compás na man síntome coma un anxo sen ás.” (Xavier Lama: O serodio remordemento do amor)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.