competencia

Feito de competir con outro ou outros

Etimoloxía

Palabra culta derivada de competentia ‘proporción’, que chega desde o verbo latino competere, 'concorrer’ ou ‘competir’.

Exemplos *

“Reducido a nada polos encargados de recrutar novos empregados de abultada cualificación, o protagonista de Le Couperet decide eliminar a competencia.” (Perfecto Conde: A Nosa Terra, 03-03-2005)

“As empresas do sector enfróntanse ao problema da competencia das compañías asiáticas, principalmente no atún, ante a abertura do mercado europeo para os produtos daquela procedencia.” (Camilo Nogueira Román: Galiza na unión. A porta atlántica, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.