Acto no cal se compite por un premio / Acción ou efecto de competir
Etimoloxía
Termo que bebe directamente do latín competitio, -onis ‘acordo’, ‘rivalidade’.
Exemplos *
“A quinta medalla galega foi para a líder do equipo de balonmán, Begoña Fernández, cun bronce que coloca a este deporte no seu posto máis alto nunha competición olímpica.” (Antón Escudero: Sermos Galiza, 17-8-2012)
“Brillan con luz propia nesta primeira competición de slálom olímpico do 2024 os nomes de Luís Fernández e Manuel Ochoa -ambos do Club Deportivo Miño-, así como Ainhoa Lameiro e Daniel Pérez, en representación do Penedo.” (AA.VV.: Nós Diario, 23-2-2024)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.