Cada un dos obxectos de adorno que completa a indumentaria masculina ou feminina
Etimoloxía
Voz que bebe da latina complementum ‘aquilo que completa’.
Exemplos *
“Temos outra alternativa na que o truco estará en disfrazarse: non hai que ir vestido de punta e branco da casa... no noso photoboth atoparedes unha chea de complementos (...) para que poidades darlle o efecto final ao voso look.” (AA.VV.: Disquecool, 9-2012)
“Os labregos dispuñan ademais doutros materiais: coiro, palla e madeira, cos que fabricaban o calzado e algúns complementos da súa indumentaria.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX, 2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


