Persoa que participa na realización dunha cousa, contribúe a ela ou non a revela, especialmente cando esa cousa constitúe delito
Etimoloxía
Voz que tomamos do latín tardío complex, -ĭcis.
Exemplos *
“Ela, que, malia o complicado da situación e as moitas cousas que as afastaban, xulgara achar en Circe unha mestra, unha confidente, unha cómplice, provocara na deusa os sentimentos contrarios aos desexados.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)
“Alí estaba el, o cómplice, o amado, fitándoa con aquel seu ollar que a espiaba e traspasaba.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


