compostor, -a

Persoa que se dedica a pór no seu sitio os ósos, articulacións e tendóns escordados

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o verbo “compor” que, á súa vez, remite a “pór” do latín ponere ‘poñer’.

Exemplos *

“Carmen Sangiao, a compostora de Tabeirós, leva 40 anos aliviando a dor de ósos de milleiros de persoas.” (Mónica González: O Correo Galego, 13-5-2002)

“Primeiro están aquelas mulleres a quen as súas habilidades no uso dos remedios as converten en gardiás sanitarias da casa. (...) En segundo lugar están os que aprenderon, por razóns hereditarias ou de outro tipo, certas habilidades manuais como composición de osos (compostores) e mesmo unha certa habilidade cirúrxica.” (Marcial Gondar Portosany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.