comprensión

Calidade de comprensivo

Etimoloxía

Cultismo que xorde de comprehensio desde o verbo comprehendere con significado semellante.

Exemplos *

“Deu unha volta polo estrado, mirou ó xuíz como se lle pedira comprensión ou licenza, recolleu uns papeis nas mans e, coma quen non quere a cousa, pero cunha expresión zunada e retranqueira preguntou.” (Carlos G. Reigosa: Tras da corda / Os testemuños do Milios (chistada popular), 2012)

“A clave é a tolerancia, que todos saiban que tes outros círculos e que manteñan unha certa comprensión desoutros ambientes nos que non coincides con eles.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.