Obrigación que alguén contrae por un acordo, documento, promesa etc.
Etimoloxía
Vocábulo que vén do latín compromissuum de significado semellante.
Exemplos *
“Imaxinaron os exiliados que o seu compromiso galeguista sería posto en dúbida?” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / Alf laila wa-laila: 3. Contar para vivir, 2010)
“E se no ámbito familiar fuxiu das responsabilidades, el, tan dado a falar de compromiso, outro tanto fixo na política e na cousa social.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.