computador, -a

Aparello electrónico cunha memoria de gran capacidade, que realiza con moita rapidez operacións de cálculo, clasificación etc., para as cales está programado

Etimoloxía

Palabra derivada de “computar” que significa ‘contar’, pero para o aparello é a adaptación da denominación inglesa electronic computer.

Exemplos *

“A pesar dos estragos causados polo paso do tempo naqueles caracteres apaisados , a exquisitez da súa factura , o estilizado do seu trazo aínda se podía apreciar hoxe , á fría luz da miña computadora.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

“A empresa experimentou con solucións adaptadas para persoas con discapacidade que ata agora arranxaban con boas doses de creatividade contratempos en tarefas cotiás como facer clic co rato do computador ou abrir unha pinza para poñer a roupa para secar.” (Diana Mandiá: GCiencia. O portal da ciencia galega, 11-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.