comunicador, -a

Persoa que transmite unha información ou unha mensaxe para determinados públicos, en particular, aquela que o fai eficazmente

Etimoloxía

Palabra de orixe culta que bebe na latina communicátor ‘o que comunica'.

Exemplos *

“Por outra banda, hai que destacar que a chegada de Intxaurrondo supón aire fresco dentro da selecta familia de comunicadores de informativos de eco estatal pero a súa aparición sufría aínda máis do que Gabilondo sofre no seu regreso ó medio televisivo logo de vinte anos na radio.” (Xabier Sanmartín: Galicia Hoxe, 4-3-2007)

“Hai persoas que pasan pola vida sen facer moito ruído. Cando teñen ocasión de ser escoitadas, revélanse como grandes comunicadoras da súa historia vital.” (Victoria Rodríguez: De Luns a Venres, 10-1-2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.