comunidade autónoma

División administrativa ou territorial con institucións comúns propia do Estado español

Etimoloxía

Frase que é produto da unión de “comunidade” que chega do latín communitas ‘comunidade’ e o adxectivo “autónoma” que procede do grego αὐτόνομος, ‘autónomos’.

Exemplos *

"Galicia como comunidade autónoma soubo estar situada na vangarda da investigación universitaria española." (Xesús Vázquez Abad: GCiencia. O portal da ciencia galega, 29, 11-2014)

“O Pleno do Parlamento, en convocatoria específica, designará os Senadores que representarán á Comunidade Autónoma Galega no Senado.” (Parlamento de Galicia: Regulamento do Parlamento de Galicia, 1983)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.