coñac

Augardente producida na rexión francesa de Cognac por medio da destilación de viños frouxos, que se deixa madurar en toneis de carballo.

Etimoloxía

Esta denominación remite ao nome da cidade de Cognac, onde comezou a elaborarse a bebida.

Exemplos *

"… fervemos auga ata encher un caldeiro e comezamos a argallar un procedemento adecuado para facerlle beber coñac a un pavo." (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)

"O centro énchese cunha crema pasteleira alegrada cun pouco de coñac e engordada cun bo merengue." (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.