conato

Comezo dunha acción que non chega a realizarse completamente

Etimoloxía

Vocábulo que procede directamente da palabra latina conātus ‘emprender’.

Exemplos *

“Volvérono intentar en decembro e volveron fracasar. Este segundo e falido conato rematou cunha redada que a Policía cualificou, coa súa habitual austeridade, como "a máis importante en Galicia no que vai de século".” (Nacho Carretero: Fariña, 2019)

“Un mal día que tiven, dirá como mostra do seu suposto arrepentemento, aínda que ben se lle ve que cando o di dío con moi poucos remorsos, a teor do conato de sorriso con que o acompaña.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.