Reunión de moita xente nun sitio para manifestarse
Etimoloxía
Esta voz é un termo procedente do verbo “concentrar” que, á súa vez, é un derivado culto do latín centrum ‘centro, punto medio’.
Exemplos *
“Josefa chegou a disolver unha concentración das súas empregadas cun potente chorro de mangueira.” (Nacho Carretero: Fariña, 2019)
“A batalla de Citroën. Feches, concentracións e unha folga por quendas que paralizou a actividade nas liñas de montaxe.” (X.M. Piñeiro: Sermos Galiza, 23-5-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


