concho

Froito do concheiro, noz

Etimoloxía

Voz que se vincula coa do latín tardío conchŭla, diminutivo do clásico concha 'cuncha', e que remite ao grego kónchē.

Exemplos *

“Como vai o traballo. Tempo dos conchos, tempo do anissete, de írense retirando dos campos, tempo de fiadeiros e de gardar prendas nos baúis.” (Margarita Ledo Andión: Trasalba ou Violeta e o militar morto, 1985)

“Borges pasea pola rúas de Berna este outono de conchos e perdices, de coellos cos ollos aspaventados achegados aos parques da cidade arrebatada.” (Manuel Vidal Villaverde: Galicia Hoxe, 3-11-2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.