concienciación

Acto ou efecto de concienciar ou concienciarse.

Etimoloxía

Creación feita ao redor do termo conciencia que provén do latín conscientia, –ae 'coñecemento', 'sentimento'.

Exemplos *

"Isto só pode ser mediante a concienciación das mesmas para que se impliquen nestes procesos." (Xosé Manuel Santos Solla: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro)

"Neste sentido é necesaria unha maior concienciación cidadá e unha maior colaboración por parte da Administración." (F.J. Peña Castiñeira: Manual de saúde ambiental)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.