Acción de conciliar ou conciliarse.
Etimoloxía
Vén do latín conciliato, -onis 'asociación', 'unión', derivado de concilium, -ii 'reunión ou asemblea'.
Exemplos *
"Queda moi bonito falar de conciliación en mitins ou no día da muller traballadora pero non é real, e os nenos convértense en vítimas dese problema." (Laura Camiño: Galicia Hoxe 21-11-2010)
"A conciliación da vida famliar e profesional segue a ser un problema para as mozas." (Iago Martínez: O Xornal de Galicia 05-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.