Calidade do que é conciso (expresado coas palabras precisas).
Etimoloxía
A súa orixe está no latín concisio, -onis, procedente do verbo concidere 'cortar en cachiños'.
Exemplos *
"Pero as cousas deben contarse na súa orde, ou polo menos eso é o que su intento, seguindo a grandes doutores, que tamén recomendan brevidade e concisión, consello este ben máis difícil de obedecer." (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras)
"A claridade e a consición da frase forman a clave dese mecanismo, así como a disposición estruturada dos parágrafos …" (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.