concluír

Chegar ao final de certa cousa que se estaba realizando

Etimoloxía

Procede do verbo latino concludere ‘fechar’ ou ‘encerrar’.

Exemplos *

“Desta maneira, por un lado, podes retomar, como me dixeches, a idea de concluír a carreira de enfermería e, doutra, non pasas todo o tempo ti soa.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

“Ao concluír o baile, Carmen baixa do escenario upada polos homes, que a seguen e animan para que volva cantar.” (Marta Múñoz: Cinema e guerra civil. Novos achados. Aproximacións analíticas e historiográficas, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.