Acción de concluír ou chegar ao final
Etimoloxía
Palabra que vén do latín conclusio, -onis de significado semellante.
Exemplos *
“(...) a súa tarefa foi moi relevante nas obras de renovación da praza Obradoiro e na conclusión do claustro da catedral, impulsada sobre todo por don Maximiliano de Austria.” (Ofelia Rey Castelao: A Galicia clásica e barroca, 1998)
“Segundo o ministro , desde a súa chegada, o Estado investiu aquí máis de tres mil millóns de euros. Logo empeñou o seu cargo na conclusión do AVE e as outras propostas en licitación ou en execución.” (Xosé A. Perezo: Galicia Hoxe, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.