concordia

Relación entre persoas caracterizada pola harmonía, o acordo e a paz.

Etimoloxía

Procede do latín concordia, -ae, formado sobre a raíz cor, cordis 'corazón'.

Exemplos *

"Para o noso aglaio, don Andrés non tomou ningunha medida represiva, insistindo, polo contrario, durante tres ou catro clases máis na necesidade do diálogo e na constante necesidade da concordia …" (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario)

"… acordos que a case dez anos da súa sinatura, poñen en evidencia o incumprimento do compromiso de construción nacional de conciliación e concordia …" (Ana Miranda: Tempos Novos 2005-11)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.