concreción

Acción e efecto de concretar (reducir unha exposición escrita ou falada, unha acción etc. aos puntos esenciais e concretos).

Etimoloxía

Vén do latín concretio, -onis, derivado de concrescere 'crear algo engadindo partes'.

Exemplos *

"Un poeta precoz que aos 16 anos compón cun galego cheo de concreción e ritmo." (Francisco Carballo: A Nosa Terra 23-01-2003)

"… as palabras […] fluíran ata os seus ollos, ben máis dispostos a ser veraces do que puidese se-la súa boca, saíndo disparadas a través deles coma mensaxes de imposible concreción e ignoto destinatario." (Alfredo Conde: A casa de Adara)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.