condutora, -or

Persoa que conduce ou manexa un vehículo

Etimoloxía

Palabra que vén la latina conductor, -ōris ‘o que guía’.

Exemplos *

“Nélida Pisco ousou desafiar o status quo e as regras de xogo do patriarcado optando a unha profesión masculina por antonomasia: condutora de autobuses.” (Xabier P. Igrexas: Sermos Galiza, 2-2-2017)

“A condutora, que guiaba un coche automático, saíra dun garaxe situado a uns 20 metros do establecemento e intentaba esquivar outro vehículo que circulaba pola rúa cando colidiu.” (E.P.: Galicia Hoxe, 25-11-2025)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.