Persoa respecto da cal outra ten un trato que non chega á amizade
Etimoloxía
Substantivación do participio pasado do verbo "coñecer" que deriva do latino cognoscere de significado similar.
Exemplos *
“(...) en pleno corazón de Istambul atopo a un coñecido da Coruña, que leva un mes vivindo e traballando alí” (Yolanda Castaño: Galicia Hoxe, 17-02-2005)
“Mentres decidían qué era o mellor, apareceu un vello coñecido de Concha con ganas de esmorga.” (Uxía Casal: Vidas exemplares / Trasfegas na aurora boreal, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.