confeitura

Doce de consistencia xelatinosa feito con azucre, auga e polpa ou puré dunha ou varias froitas

Etimoloxía

Voz que se toma prestada do francés confiture.

Exemplos *

“Para confeituras e marmeladas, a regra xeral será que se deberán utilizar polo menos 450 gramos de froita para producir 1 quilo de confeituras e marmeladas.” (E.P.: Galicia Confidencial, 10-4-2024)

“Entrou por Tui (onde o seu bispo o agasalla cun ágape a base de peixes e confeituras) dende Viana do Castelo e embarcou para Inglaterra dende A Coruña , dezanove días despois.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.