Reunión de periodistas que son convocados por alguén para informalos sobre un asunto
Etimoloxía
Frase formada por “conferencia” do latín conferentia e a frase “de prensa” cuxo núcleo vén dun termo recollido do catalán premsa, e este do participio feminino de prémer 'apretar'.
Exemplos *
“"Encántame o deseño do foguete Tintín", dixo nunha conferencia de prensa no pasado outubro. Se estamos ante unha realidade ou unha nova manobra de propaganda, é algo que saberemos en breve prazo.” (Victoria García: GCiencia. O portal da ciencia galega, nº 51, 1-2019)
“Durante unha longa conferencia de prensa celebrada onte en Barcelona, este intelectual formado en Viena e Oxford dixo que escolleu eses quince anos de cambios vertixinosos, que desembocaron nunha das guerras máis cruentas da historia, co obxectivo de coñecer exactamente que ocorreu.” (Axencia: Galicia Hoxe, 23-11-2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


